Aparcadoiro próximo á pria de Aguete.

Son concretamente dúas parcelas en Aguete, unha en Loira e outra xunto ao acceso á Coviña para poder aumentar a zona de estacionamento durante o verán

O Concello de Marín vén de poñer en funcionamento os aparcadoiros públicos que reforzar as prazas de estacionamento no entorno das praias.

Xa están listas e desbrozadas a de Aguete, que se atopa no cruce do Vial de Praias con Gago de Mendoza; a que se atopa nun lateral da estrada de acceso á praia de Loira, e a que dá servizo á praia da Coviña.

A maiores, este ano conseguiuse unha nova parcela tamén en Aguete, situada no crice do Camiño de Aguete co Vial, e na que se están realizando os traballos precisos para poder habilitala como aparcadoiro á maior brevidade posible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *