Rotonda da Avenida de Ourense.

Os traballaros realizaranse durante toda a semana que vén en horario nocturno para non afectar ao tráfico, de 22.00 a 07.00 horas, empezando desde a marquesiña da Praza de España.

O Concello de Marín informou de que, no marco das obras de humanización da Avenida de Ourense, hoxe ás 22.00 horas dará comezo a fase de asfaltado do viario, que se desenvolverá exclusivamente durante o horario nocturno, de 22.00 a 07.00 horas, co obxectivo de minimizar as posibles complicacións no tráfico rodado durante o día.

Estes traballos prolongaranse ao longo de toda a vindeira semana, iniciándose desde a marquesiña do autobús en dirección a Cantodarea. O estacionamento lateral verase afectado de forma puntual, xa que os aparcadoiros situados nos laterais da calzada deberán ser liberados nas zonas onde se estea a traballar cada noite. A Policía Local procederá a sinalizar debidamente cada tramo afectado, devolvendo os espazos de estacionamento á súa disposición habitual a medida que avancen os traballos.

Unha vez finalizado o asfaltado, levarase a cabo o pintado definitivo dos novos carrís, ao tempo que continúan os traballos de construción e sinalización da nova rotonda á altura de Nodosa, unha actuación clave para mellorar a seguridade e a f luidez do tráfico nesta contorna.

O Concello agradece a colaboración e comprensión da veciñanza durante o desenvolvemento destas actuacións, fundamentais para mellorar a mobilidade desta arteria principal de Marín

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *