A concelleira coa organización de Marín Tece.

A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, e a promotora do evento e presidenta da asociación Laneras Cascabeleras, Mela Graña, presentaron esta mañá o cartel e toda a programación.

O 12 de xuño celebrouse o Día Mundial de Tecer en Público e desde hai seis anos, e grazas ao traballo e esforzo de Mela Graña, presidenta da Asociación Laneras Cascabeleras, Marín conta cun evento específico para conmemorar unha actividade que unirá artesanía, festividade e moita diversión este sábado. A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, presentou a actividade xunto coa organizadora, que afirmou que a esta edición “asistirán 150 persoas só a tecer, máis todas as que se suman ás actividades e que pasan pola Alameda e se unen a nós”.

O evento arrancará ás 10.00 horas con obradoiros gratuítos abertos para toda a cidadanía: un infantil, onde os máis peques aprenderán facer un chaveiro de Stich, e dous para adultos, un de amigurumi e outro para facer unha carteira. “Nós poñemos todo o material”, explicou Mela, que informou que as persoas que queiran participar “só teñen que traer unha agulla de ganchillar do número 3”.

De 10.00 a 12.00 horas, terá lugar unha actuación e masterclass aberta da Escola Baila con Gabi e a partir das 13.00 horas, será a sesión vermú cun concerto de Bela y Charlo, que tocarán música das décadas dos 80, 90 e 2000. A partir das 16.30 horas, o speaker de La Bola de Cristal amenizará o traballos das persoas que estean tecendo e ás 17.00 horas, será a exhibición de Brais Silva, un artista que traballa coa queima de madeira. Xa ás 18.00 horas arrancará unha das actividades clave do evento, o desfile, no que haberá moitas sorpresas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *