O Concello oferta 400 prazas para este campamento que se desenvolverá entre o CEP e a Casa de Cultura e que priorizará á cativada empadroada en Vilaboa

O Concello de Vilaboa pon en marcha unha nova edición do seu programa de conciliación familiar para as vindeiras vacacións estivais, Vilaverán, que oferta actividades lúdico-formativas para rapaces con idades comprendidas entre os 3 e os 14 durante os meses de verán. Nesta edición, na que os interesados poderán formalizar a súa inscrición ata o 31 do presente mes de maio, o Concello presenta importantes novidades para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e profesional e mantén as 400 prazas en quendas de 15 días.

Vilaverán ofrecerá de novo este ano dúas opcións horarias co obxectivo de adaptarse ás necesidades de cada familia, ampliando o máis extenso desde las 7.30 ata as 15.30 horas e mantendo o ordinario entre as 9 e as 14 horas. Os prezos van ligados tamén ao horario escollido e van desde os 60 aos 40 euros por quincena e con matrícula gratuita para as familias usuarias dos servizos sociais municipais.

Outra das novidades que inclúe o Vilaverán 2025 é a baremación de acceso ao programa dando prioridade aos nenos e nenas empadroadas en Vilaboa, a menores escolarizados nos centros do municipio e fillos de familias que traballen no ámbito municipal co obxectivo de favorecer a conciliación. Tamén terán prioridade as vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais e menores con distintos graos de discapacidade

A actividade, que se desenvolverá entre as instalacións do colexio Plurilingüe de Riomaior e a Casa de Cultura, consiste nun campamento de verán dirixido á poboación infantil e xuvenil que permite aos participantes gozar de actividades educativas durante o período estival, todos os días laborais dos meses de xullo e agosto e ofrece ás familias conciliar e ao mesmo tempo formar parte das propostas deseñadas para fomentar a co-responsabilidade. Unha das características deste programa de conciliación é o desenvolvemento de actividades ao aire libre e en contacto coa natureza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *