A proposta será levada ao Pleno da Corporación do mes de novembro, para o seu debate e votación. Despois, será exposta públicamente
Desde o Concello de Marín, a alcaldesa, María Ramallo, vén de proceder a realizar unha proposta para iniciar o procedemento para o outorgamento da distinción como Filla Adoptiva da Vila á Súa Alteza Real Dona Leonor de Borbón y Ortiz.
A Princesa de Asturias está continuando a súa formación castrense na nosa vila, na Escola Naval Militar, na que ingresou o pasado 30 de agosto para incorporarse ao curso 2024-2025 e onde estará residindo ata o último mes do ano, para despois embarcarse no cruceiro de instrucción Juan Sebastián Elcano, ata o 16 de xullo.
A ubicación da Escola Naval Militar en Marín fortaleceu enormemente os lazos entre o municipio e a Coroa española, xa que é só aquí onde a futura monarca, tal e como aconteceu co seu pai e actual rei, a Súa Maxestade Felipe VI, pode formarse na Armada, tras pasar por Zaragoza e antes de ingresar na Academia Xeral de Aire, ubicada en Murcia.
Con este inicio do procedemento para o nomeamento de Filla Adoptiva, desde a Alcaldía preténdese dar continuidade a unha distinción que xa se lle otorgou ao actual rei do Estado e que serve como reflexo das boas relacións entre a Casa Real e a vila de Marín.
A proposta será trasladada ao Pleno da Corporación que haberá o próximo xoves, 14 de novenbro, para o seu debate e posterior aprobación inicial. A partir dese momento, haberá un período de exposición pública da proposta antes da súa aprobación definitiva.
Fillos predilectos e adoptivos do Concello de Marín ao longo dos anos
1959 – José Touriño Gamallo (predilecto) Médico
1979 – Ángel Eguren Ugarte (adoptivo) Sacerdote e mestre na escola Paúl de San Narciso
1980 – Andrés Dapena Mouriño (adoptivo) Médico e un dos impulsores do Ateneo Santa Cecilia
1986 – Súa Alteza Real Felipe de Borbón y Grecia (adoptivo) Rei de España
1989 – Manuel Torres Martínez (predilecto) Mestre e pintor
2012 – Ceferino Nogueira Rodríguez (predilecto) Empresario
2021 – Antonio Blanco Freijeiro (predilecto) Historiador e arqueólogo