Así quedou o parque tras as melloras.

Este área recreativa para os máis pequenos ubicada no Parque Azul adecuouse á normativa actual e acondicionouse para tratar os desperfectos causados polo paso do tempo e o uso da instalación. Investíronse cerca de 47.500 euros, a través dunha subvención da Xunta de Galicia

O parque infantil de Cantodarea xa está remodelado. A empresa adxudicataria, Bricantel España, rematou cos traballos, que consistiron na desmontaxe dos elementos actuais (dous pórticos de columpio, un equipo con forma de barco afundido, un balancín xiratorio, unha casiña de xogos, un xogo de equilibrio, unha mesa de actividades e un xogo de resorte con forma de grilo), a súa paletización e o seu traslado a un almacén, onde foron reparados e postos a punto, adaptándoos á normativa vixente.

A maiores, o proxecto supuxo a renovación do pavimento de caucho, xa que se atopaba estropeado polo paso do tempo. Agora, luce con cores azuis e amarelas que dotan ao parque da vitalidade característica destas zonas de lecer.

A inversión realizada neste proxecto foi de cerca de 47.500 euros, subvencionados pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través dunha liña de axudas para creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *