Árbore caído en Seixo.

A priori e á espera dos resultados das mostras recollidas, parece que o resto de árbores non están en risco de caída, pero as solucións a adoptar non se tomarán ata que non se teñan todos os datos

Persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro acudiu esta mañá á zona da Casa de Cultura de Seixo para tomar mostras dos exemplares que están na contorna do que caeu este xoves e que presentaba unha infección por un fungo nas súas raíces.

Estas mostras serán agora analizadas e non se tomarán medidas ata que se teñan os resultados das mesmas, que darán os datos necesarios. Así a todo, nesta visita e nunha primera inspección visual, non parece que o resto de árbores teñan un risco de caída.

Tratarase de contar co resultado analítico o antes posible.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *