Máis seguridade viaria e unha mellor distribución do espazo urbano. Iso foi o que se conseguiu co proxecto de repavimentación e mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP Carballal, executado por COVISA e que xa está rematado.
A inversión realizada foi de 53.240 euros. Desta contía, o 65% foi financiado a través de dúas baixas do Plan Concellos 2022 e do Plan ReacPon da Deputación de Pontevedra, sendo o resto aportado polos fondos propios do Concello.
En total, actuouse sobre 3.200 metros cuadrados de superficie, creando un itinerario peonil obligado de acceso ao centro escolar, polo que se mellorou significativamente a seguridade dos nenos e nenas que acuden.
Tamén se rehabilitou o pavimento do firme da vía, colocáronse reductores de velocidade en puntos estratéxicos que contribúen ao calmado de tráfico no entorno do centro e renovose a sinalización, tanto horizontal como vertical.
Ademais, realizouse unha limpeza e desbroce das marxes e das cunetas.