Traballos de renovación do sistema para colgar as obras.

A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

O Concello de Marín solicitou unha axuda destinada a centros museísticos, co obxectivo de actualizar as salas expositivas do Museo Manuel Torres, mediante a renovación do sistema de “colgacadros”, que data desde a inauguración do propio museo (hai 25 anos) e que se atopaban visiblemente deteriorado.

Esta renovación é esencial para manter a calidade e a seguridade das exposicións no museo. O sistema actual superou a súa vida útil e o seu deterioro non só afectaba á presentación estética das obras de arte, senón que tamén representaba un risco potencial para as mesmas.

Esta actuación garantirá que as obras se presenten de maneira óptima e segura, mellorando a experiencia visual dos visitantes e reducindo o risco de danos ás obras, protexendo o noso patrimonio cultural.

Reedición do caderno “Pinta con Manuel Torres”

Por outro lado, esta subvención tamén se adicou a reeditar o caderno «Pinta con Manuel Torres», unha ferramenta educativa fundamental para as nosas visitas escolares, un recurso pedagóxico de calidade e en galego que fomenta o interese pola creación pictórica nos máis pequenos, a través das obras do pintor máis importante da vila.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *