Estado actual das instalacións do Parque Azul.

O proxecto de remodelación e mellora do skatepark do Parque Azul está próximo ao seu fin, pero será complementado cun saneamento e mellora do acceso, así como cunha intervención artística que reforzará o carácter urbano de toda esta zona.

Os traballos consistiron en adaptar os elementos do skatepark ás necesidades dos usuarios, xa que presentaban un importante deterioro na conservación dos mesmos, tanto polo intenso uso como polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, tendo en conta que ten 10 anos de antigüidade.

Investíronse 41.512 euros con cargo unha subvención da Deputación de Pontevedra e reparánronse os módulos de formigón e das bancadas. Ademais, creouse algún módulo máis e reforzouse o peche da baranda.
Agora, esta actuación, unha vez estea rematada, complementarase coa limpieza e o saneamento de todo o acceso ao Parque Azul e tanto nesa zona como no skatepark farase unha intervención muralística para reforzar o carácter urbano do espazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *