A alcaldesa, María Ramallo, recibiu esta mañá no Concello aos estudantes marinenses que acadaron as mellores notas na EBAU, accedendo á Universidade cun expendiente impecable. Fernando Baeza Súnico e Matías Moldes Barreiro, do SEI San Narciso; Iago Villanueva, Andrea Sanjorge (que non puideron acudir), Antía Isabella e Candela Santiago, do IES Illa de Tambo; e Martín Freire González e Claudia Parada Rivas, do IES Chan do Monte.
Mediciña, Matemáticas, Dereito e Economía, Biotecnoloxía, Odontoloxía son algunhas das profesións que estudarán nesta nova etapa da súa vida, que os levará a cidades tan universitarias como Santiago ou A Coruña.
Na recepción tamén estiveron presentes familiares e seres queridos destes rapaces, así como unha representación do equipo directivo dos tres centros de Secundaria de Marín.