Trátase dun proxecto vital para esta infraestrutura, que mellorará o espazo en tres dimensións: eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade
O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, informou esta mañá do inicio esta semana das obras de mellora do Pavillón da Cañota, unha actuación esencial para esta instalación deportiva, que permitirá actuar en tres frentes: eficiencia enerxética, habitabilidade e accesibilidade.
O paso do tempo e o tipo de materiais que utilizaron na súa construción, típicos doutra época, non consegue o illamento e o aforro enerxético requerido para unha instalación municipal actual, por iso é preciso mellorar estes aspectos.
A obra realizarase ao abeiro dun convenio coa institución provincial por un importe total de 662.811 euros, aportando a Deputación o 70% (463.968 euros) e o Concello o restante 30% (198.843 euros), dentro do seu programa PON2030. Tal e como se pode ler no proxecto, levarase a cabo un cambio de cuberta para poñela de acero galvanizado e actuarase na fachada utilizando paneis sandwichs e SATE, para mellorar a eficiencia enerxética.
Tamén se renovarán todas as baixantes e sustituiranse as actuais farolas. As ventás tamén se colocarán novas, para que conten co dobre acristalamento. Ao mesmo tempo, instalaranse 5 bombas de calor de producción de ACS para os vestiarios.
No que respecta á accesibilidade, crearasen rampas de acceso en todas as portas, así como nas gradas e pintarase por completo o interior.