Desbroce do Monte da Roza de Marín, que ata agora era utilizado pola veciñanza da zona como terreo de pasto. Unha vez esa actividade xa non se dá, o Concello incluiuno dentro do seu plan anual de desbroces.
Este traballo, que actúa sobre 2.300 metros cadrados, quedará listo mañá e está executándose por parte dos operarios de Juan XXIII. Ata a zona desprazouse esta mañá o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas.