Alternativa dos Veciños (AV) denuncia «a pouca seriedade que o goberno tripartido de Cangas se está a tomar o contrato máis importante do Concello de Cangas, o do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) non soamente pola elevada cuantía que se lle destina senón tamén polo número de persoal traballador que lle afecta e a poboación vulnerable a que se atende». Así reaccionan despois de que o executivo local levase ao pleno de xaneiro unha proposta que viuse obrigado a retirar polos numerosos erros que contenía. A portavoz de AV, Victoria Portas, ante a imposibilidade de poder negociar o documento expuso devolvelo aos despachos para traballalo con máis rigorosidade xa que «o que mal empeza mal acaba», augurou durante a súa intervención. Así, o Goberno local decidió decidiu coller a luva, recoñecendo, ademais, a propia edil de Benestar Social, Leonor Gala, que o expediente estaba escaso de documentación.
Ante esta obviedade, AV critica que tras 9 meses de goberno tripartito tan só leven ao pleno un expedente «que aperturou este mes con 2 documentos e numerosos erros e cuantías inventadas». Unha cuestión «moi grave» ao tratarse do «contrato máis importante do Concello», indican. «Non é serio nin demostra traballo o sucedido con este expedente e dista bastante das declaración da súa concelleira fai uns meses na que aseguraba que o novo contrato incluía subidas salarias para as traballadoras, cousa que o presentado é todo o contrario», desvela Portas.
Según AV, no ano 2021 a licitación do SAF saiu por un importe de 1.115.053,57 euros ao ano e por horas totais do servizo de 62.055,24 euros. Sin embargo, o actual sae polo mesmo número de horas e por importe de 1.153.846,15 euros ao ano, polo que o incremento anual que se fai é de 38.794,58 euross ao ano ( 3.232 euros ao mes). «Dito incremento nunca vai cubrir o incremento salarias recoñecido as traballadores nestes anos e nos anos vindeiros polo Convenio Colectivo, ademáis tampouco cubriría a posibilidade de melloras para os usuarios», avanza.
«Estamos enormente preocupadas pola lentitude na que este tripartido está a tratar este tema e a pouca seriedade no traballo realizado, temos que recordar que a empresa atópase nunha prórroga que remata mes de xuño do presente ano e que non se fixo absolutamente nada durante estes 9 meses, e esta demora esperamos que non teña consecuencias graves para os usuarios que podrían perder perder servizos dos que agora se benefician e que son melloras imprescindibles para o seu desenrolo como son horas de podología, fisioterapia ou logopedia, entre outros», asevera.