A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores ao alumnado que se formará durante o presente ano na séptima edición do obradoiro Moaña Labora VII. A representante autonómica acudiu á apertura do curso que ten un investimento de 531.000 euros por parte da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.
Ana Ortiz animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. “A formación que recibides durante o último ano son unha ventá ao mercado de traballo e tanto a cidade como o resto de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.
A delegada, que estivo acompañada pola alcaldesa Leticia Santos, salientou a implicación da administración autonómica coa promoción do emprego na área de Vigo e salientou os estudos impartidos en Moaña. A representante autonómica enfatizou o compromiso do Executivo galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos.