O acordo o compromete ata final da temporada
O Marín Peixegalego e o Breogán alcanzan un acordo para a cesión de Mateo Sánchez ata o remate da temporada. O aleiro lucense non dispuña de licenza co conxunto de Diego Epifanio desde xaneiro, co que participaba nos adestramentos pero non tiña oportunidades nos partidos.
Sánchez mide 1.93 metros e 21 anos. A pasada temporada militou no CB León, no que realizou unha notable temporada que lle abriu a porta ao baloncesto profesional (12 puntos de media por encontro).
Coa chegada de Sánchez, fillo do mítico xogador do Breogán Manel Sánchez, que se suma a incorporación de Njegos Sikiras, o Peixe pecha o seu plantel para afrontar o treito final da competición na súa pelexa pola permanencia