A concelleira Itziar Álvarez recibiu esta semana á alumna do módulo de prácticas do Ciclo Superior de Guías de Información e Asistencia Turísticas, que realizará as súas prácticas no Museo Manuel Torres co obxectivo de que poida desenvolver as aptitudes aprendidas durante o seu paso polo CIFP Carlos Oroza, poñéndoas en práctica nun contexto real.
Este período de prácticas comeza o hoxe 4 de maio e rematará o martes 15 de xuño e estará supervisado pola concelleira, que explica “que poder acoller prácticas destas formacións tan interesantes é moi enriquecedor tanto para o alumnado, que pode poñer en práctica a teoría que foron aprendendo nos ciclos, como para o propio Concello, xa que aportan novas ideas, proxectos…”.