Deva & The Divas, Brava e Confraría Chalana serán os grupos que porán a música nesta edición que, novamente, será de balde
O próximo 10 de xullo volve por segundo ano o Festival Varadero de Moaña ao Parque de Samertolameu. Os grupos encargados de encher a alameda serán Deva & The Divas, unha das artistas máis relevantes do xénero urbano nacional, Confraría Chalana, cos dous djs que capitanean a festa Chalana Club, o evento de Galicia que é un referente estatal dende hai máis de catro anos, e Brava, dj residente da emblemática sala Dabadaba (Donosti) e unha das artistas con máis proxección internacional. Varadero é un dos incentivos máis chamativos pra visitar Moaña este verán.
O 22 de Agosto de 2020 celebraron a súa primeira edición, ofertando 300 localidades para disfrutar do espectáculo, que se esgotaron en menos de 72h. O mesmo número que en 2021. Un festival seguro, onde se cumpliron con todos os protocolos de seguridade cun resultado exitoso.