215.308 euros para a mellora enerxética e o aforro na iluminación pública nas zonas de Domaio, San Lorenzo, Moaña (Sixalde e Pozo Negro), Meira, Avenida da Xunqueira e Concepción Arenal. Esta é a nova licitación que o Concello de Moaña, a través da concelleria de Obras e Servizos, realizou esta semana e coa que alcanza os 8 proxectos dos 10 que se financiarán con fondos públicos externos ás arcas municipais. O 80 por cento o pagará o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía do Ministerio para a Transición Ecolóxica- IDAE – e ou 20 por cento restante a cargo do Plan concellos 2020.
Dende a Concellería de Obras e Servizos, dirixida pola socialista Marta Freire, aseguran que ten claro que «as obras de mellora do alumeado público mellora sustancialmente a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, mellora a seguridade nos nosos camiños e estradas, ao mesmo tempo que reafirmamos o noso compromiso cunha Moaña máis sustentable enerxéticamente».