Un total de 111 nenos e nenas foron atendidos entre novembro de 2019 e o mesmo mes de 2020 no servizo de Atención Temperá de Cangas. En plena pandemia foron presentadas 33 solicitudes e finalizáronse 30 expedientes durante este período. Trátase dun servizo que non existe en concellos próximos e que si se ofrece en Cangas e está dirixido a dar apoio ás familias que o necesitan para a diagnose e valoración do desenvolvemento dos nenos e nenas, tanto psicomotor como cognitivo, da linguaxe e da comunicación, autonomía, na área social e afectiva e apoio, información habilitación e formación das familias.
Ainda sabendo que a Atención Temperá é unha competencia da Xunta e que supón un gran esforzo para el Concello, é un dos poucos Concellos que presta este servizo e, por este motivo, a alcaldesa, Victoria Portas, quere «visibilizar un traballo que moitas veces queda oculto e que é tan necesario para moitas familias da nosa contorna nestes intre de inseguridade sanitaria que vivimos».
«E desde amiña parte agradecer a labor as 3 profesionais do servizo que con tanta dedicación se deviben por poder alcanzar a todos eses pequenos que precisan da súa axuda», expresa Portas.