O BNG de Cangas arremete contra o portavoz do PP local, José Enrique Sotelo, e contra o seu grupo por desmarcarse da manifestación de mañá que primeiro apoiaron e que, tras anunciar o Sergas que o centro de saúde permanecería aberto polas tardes no verán aínda que sen reforzo, despois rexeitaron. Consideran os nacionalistas cangueses que «Sotelo conseguiu o que quería» en referencia a que «poida pasar a súa consulta de tarde e gañar un sobresoldo facendo horas extras pola mañá mentres emprega o seu posto de traballo para facer política vendendo como favor o que en realidade é un dereito dos pacientes, pedindo probas inecesarias ou procedementos de forma arbitraria ao tempo que queda como que salvou ao pobo de Cangas conseguindo que se manteñan as consultas de tarde».
«Con este movemento do PP de Cangas demostran precisamente que o PP de Sotelo só buscaba rédito político e beneficio persoal no canto de unidade que tanto alardeou para pedir máis medios para a Atención Primaria e ambulancia de reforzo», expresan.
O BNG mantén o seu apoio á mobilización de mañá, do mesmo xeito que o resto de forzas políticas da corporación, porque continúa «o problema coa Atención Primaria e coa ambulancia continúa». «Seguimos chamando á mobilización porque a situación sigue igual. Sen médico de desprazados, sen cubrir vacacións e baixas e co Pac saturado. E sen ambulancia de reforzo», describen.