O Bng volverá falar deste tema na asemblea anterior ao pleno pero non se esperan cambio e seguirá na oposición
«Pouco mudou a situación respecto a hai 6 meses cando Avante! xa advertía que
Eugenio González do PSOE non podía ter as competencias que se lle deron. Ainda así, tiraron para adiante, e a Alcaldesa contou co PSOE no seu equipo de goberno, e delegou nel o urbanismo», explican desde Avante! e engaden «en febreiro condicionabamos o voto favorable á candidata a Alcaldía de ACE, a que se produxera un cambio na área de urbanismo. Pero tamén a outros cambios nas formas e na xestión do equipo de goberno como como sacar adiante un orzamento municipal para este 2021, elaborar un Plan de Mobilidade para todo o Concello, avanzar no PXOM paralizado desde o 2019, e cumprir cos acordos plenarios aprobados».
«Non se aceptaron estas peticións, polo que non apoiamos a investidura da candidata en febreiro, e en relación a estes condicionantes que para nos son fundamentais para valorar a nosa participación neste goberno, todo segue no mesmo estado dende aquela» e «por estes motivos tampouco a nosa postura vai mudar. Non entramos en febreiro e non entraremos agora», apostilan.
Esta semana, explican dende a candidatura veciñal, a alcaldesa convocou unha xuntanza logo do cesamento dos edís do PSOE. «Acudimos os tres representantes de Avante. Pola súa banda, Victoria Portas e Mariano Abalo. Defenderon a necesidade de salvar a situación actual e reconformar un equipo de goberno para o que resta de mandato, configurando o quórum das xuntas de goberno local, e das áreas de goberno».
Sen Xuntas de Goberno
Dende Avante! critican, ademáis, e resúltalles «moi preocupante» que novamente se tivese que desconvocar a Xunta de Goberno Local por falta de quorum. «É lamentable que o grupo de Esquerda Unida (EU), esté boicoteando as Xuntas non asistindo ás mesmas. A Concelleira Aurora Prieto non pode xustificar a sua ausencia pola reunión que ela tiña co tema das festas do cristo, pois podería cambiala de hora ou día, para asistir á XGL onde se aproban os asuntos que afectan máis directamente á cidadanía».
O Bng tamén mantense na oposición
Pola súa parte, o BNG en boda da súa portavoz, Mercedes Giráldez, dí que «nos seguimos na oposición como ata agora». Ten previsto celebrar unha asamblea antes do pleno deste venres pero non espera n que a situación vaia a variar.