A construción do edificio cultural suporá unha inversión total de 4.308.000 euros, dos que 1.427.653 proceden da estratexia Marín Dusi, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, e os restantes 2.000.000 son aportados pola Xunta de Galicia
A aportación económica con cargo aos fondos propios do Concello de Marín que
se realizará para facer realidade o Auditorio será cercana aos 881.000 euros. O
concelleiro de Facenda, Manuel Santos, expuxo esta cantidade nun Pleno
extraordinario que acolleu esta mañá o Salón de Plenos.
O custe total do Auditorio será de 4.308.000 euros, unha cantidade algo superior
á inicialmente prevista, xa que se implementaron unha serie de melloras no proxecto do edificio socio cultural e porque se incluirá tamén, coa súa construción, unha urbanización que afectará únicamente á zona limítrofe da infraestrutura. O resto da zona da Praza de España será tamén reordenada, pero con outro proxecto diferente, por iso non entra dentro desta partida orzamentaria. Deses 4.308.000 euros, cerca de 881.000 euros serán aportados polos fondos municipais, para o que se solicitará o contrato dun préstamo, tal e como se aprobou de xeito unánime no Pleno desta mañá, co voto favorable de todos os
partidos da Corporación.
O groso da inversión procede de dúas fontes. Por unha banda, dos fondos
europeos da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea e da que se destinarán 1.427.653
euros para o Auditorio. Por outra banda, está a colaboración económica da Xunta
de Galicia, que aportará 2.000.000 de euros.
O próximo Pleno ordinario, que terá lugar o 14 de outubro, incorporará como
punto a aprobación definitiva do proxecto e dos pregos, para poder continuar
avanzando no traxecto burocrático cara a licitación das obras. O Goberno local quixo agradecer o voto favorable de todos os grupos da oposición, PSOE e BNG, ao contrato do préstamo para asumir o custe propio e seguir así avanzando na construción do demandado Auditorio.
Aprobación definitiva do Orzamento municipal
A maiores, o Pleno extraordinario desta mañá deu luz verde definitiva ao Orzamento municipal, ao que se presentaron dúas alegacións. Ambas foron desestimadas polos servizos técnicos do Concello, polo que xa foi posible aprobar de xeito oficial o documento financeiro, que xa se aprobara inicialmente no Pleno
de agosto.