No próximo pleno ordinario, o Bng de Cangas pedirá a través dunha moción que o goberno local actúe no Camiño Seguro Romarigo-Verín. Para iso, propoñen poñer en valor todo o tramo da estrada como dun arcén sinalizado cara a maior seguridade tanto no seu percorrido e tamén nas entradas e saídas dos distintos equipamentos deportivos. Ademáis, demandan valorar a incorporación de carril-bici, se é posible, cunhas características determinadas, consensuadas coa participación de sectores e clubs máis implicados na práctica do exercício deportivo nesta zona.
Este traballo, din, debe integrar Mobilidade e Seguridade – persoal técnico das áreas de Obras e Policia Local-, Ensino e Deporte, Servizos Sociais,.. así como contar coa participación de clubs usuarios dos nomeados recintos de deporte (atletismo, fútbol, patinaxe, tenis de mesa, e outras modalidades deportivas), e dos colectivos de actividade física de mantemento, discapacidade e usuari@s da Piscina.