Unha muller tendendo un pañito no acto do 25 N co nome dunha asasinada por violencia machista en 2019.


O Concello de Moaña arrinca este venres coa programación preparada pola concellería de Benestar Social, a través do Centro de Información á Muller (CIM), para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra cada ano o 25 de novembro. O primeiro evento terá lugar no salón de plenos do consistorio ás 19:30 horas e será a presentación do libro «Galegas na ciencia» a cargo da autora Isabel Blanco. Unha charla-coloquio á que tamén asistirá a alcaldesa, Leticia Santos, e a concelleira da área, María Ortega.

O acto central da programación terá lugar o propio 25 N ás 12:00 horas tamén no Concello. Como xa é tradición, realizarase un acto institucional con lectura do manifesto e unha homenaxe ás mulleres vítimas de violencia no 2021 coa exposición de panos tecidos pola Asociación de Mulleres de Moaña e Poza da Moura.

Máis tarde, ás 18:00 horas, haberá unha charla-coloquio a cargo da traballadora social Adoración Varas Nogueirol, da Oficina de Atención ás Vítimas do Decanato de Vigo. Neste caso o acto desenvolverase na sede da Asociación de Mulleres de Moaña. Do mesmo xeito que a actuación do Coro Chorima ás 19:15 horas. A continuación, terá lugar unha procesión cívica ata a Oliveira da Alameda con lectura de Poemas.

Xa o 26 de novembro, ás 18:00 horas, proxección de curtos sobre o 25 N cunha charla café no Centro Cultural Rosalía de Castro de Domaio organizada pola Asociación de Mulleres.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *