Os alimentos recollidos na Semana da Solidariedade.

Esta iniciativa, organizada polas ONGs en colaboración co Concello, implica ao alumnado de moitos dos centros educativos da nosa vila

A Semana da Solidariedade, organizada polas ONGs coa colaboración do Concello, conseguiu recoller cerca de 2.000 quilos de comida entre o alumnado dos centros educativos de Marín.

Desde o Goberno local e as asociacións, queren agradecer profundamente a colaboración a todos estes centros, entre os que están as Galiñas Azuis de San Pedro e de Seixo, a EEI O Grupo, a EEI Nosa Señora do Carme, o CEP Sequelo, o CEIP da Laxe, o CEIP Carballal, o CEIP Seixo, o CPR Inmaculada, o CPR San Narciso e o IES Illa de Tambo.

Ademais, as organizacións sociais da vila tamén queren destacar a importante aportación que supuxeron as chocolatadas solidarias dentro do programa de
Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *