Os colectivos participantes na Semana Solidaria coa concelleira Marián Sanmartín.

Esta iniciativa, organizada polas ONGs en colaboración co Concello, implica ao alumnado de moitos dos centros educativos da vila

A Semana da Solidariedade, organizada polas ONGs coa colaboración do Concello, conseguiu recoller máis de 1.000 quilos de comida entre o alumnado dos centros educativos de Marín. Desde o Goberno local e as asociacións, queren agradecer profundamente a colaboración a todos os centros educativos da vila que participaron desta iniciativa, así como aos alumnos e alumnas de todas as idades, que non dubidaron en poñer o seu grao de area nun momento tan solidario.

Ademais, as organizacións sociais da vila tamén queren destacar a importante aportación que supuxeron as chocolatadas solidarias dentro do programa de Nadal.

Actividades para esta fin de semana
MÉRCORES 21
● Exposición de contos e debuxos do Nadal no Ateneo Santa Cecilia. (De 11 a 13h. e de 18 a 20h e sábados de 11 a 13h. Ata o 6 de xaneiro)
● 20:00 h. Entrega de premios do Concurso de Contos e Debuxos de Nadal no Ateneo Santa Cecilia
XOVES 22
● 20:00 h. Concerto das Corais Lembranzas, Thalassa e Poio. Igrexa Vella

SÁBADO 24
● 11:00 h. RANCHO DE REIS polas rúas de Marín, organiza Asociación Pousos da Area
● 17:00 h. Carroza de PAPÁ NOEL polas rúas de Seixo e a partir das 18 h actividades infantís no Mercado de Seixo, organiza ACEMAS e Concello de Marín
● 18:30 – 20:00 h. Recepción de PAPÁ NOEL na Alameda, organiza Concello de Marín
DOMINGO 25
● 19:30 h. Visita do APALPADOR na Alameda, co “Nadal en Galego” da Deputación de Pontevedra

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *