A axuda pode chegar aos 12.000 euros se hai mellora de eficiencia enerxética ou aos 8.000 no caso de actuar en materia de accesibilidade e conservación

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou hoxe que se abre o prazo para pedir axudas de rehabilitación en edificios e vivendas que formen parte do ARI do Casco Vello e da Banda do Río Lameira. A liña de axudas pretende axudar na sufragación de gastos para mellorar os inmobles en materia de eficiencia enerxética, habitabilidade, accesibilidade, conservación… Tamén son susceptibles de subvencionar os honorarios dos profesionais asociados ás obras e os gastos administrativos.

Estes son os principais detalles da axuda:

Rúas que pertencen ao ARI e que poden beneficiarse das axudas
1.- Casco Vello (24)
● Alcalde José del Rio

● Almuíña
● Agusto Miranda
● Busto de Abaixo (do no15 ao 52)
● Calzada
● Canexón Teimón
● Caracol
● Concepción Arenal (no 1, 3 e 5)
● Doctor Touriño (no 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18 e 20)
● Echegaray
● Exército e Marina
● O Forno
● Jaime Janer (no 2, 4, 6, 8 e 10)
● Ponte
● Ponte Zapal
● Real
● Ribeira de Abaixo
● Ribeira do Medio
● Ribeira de Arriba
● Secundino Lorenzo
● Serafín Tubío
● Sol
● Travesía do Forno
● Veiguiña
Banda do Río Lameira (13):
● Banda do Río
● Banda do Río A
● Banda do Río B
● Banda do Río C
● Banda do Río D
● Escola Tiro Naval Janer (no 2, 4, 6, 8, 10, 12, 14, 16, 18, 20, 22, 24, 26, 30, 32, 34, 36, 38, 40, 42, 44, 46 e 48)
● Fonte
● Forte
● Fortelos
● Guillerma
● Lameira
● Peirana

● Peñón

Persoas beneficiarias
● Propietarias
● Arrendatarias
● Inquilinas
● Titulares dalgún dereito de uso sobre inmobles de tipoloxía residencial unifamiliar ou colectiva

Condicións particulares para concorrer á axuda
● Contar coas licenzas e autorizacións administrativas que correspondan
● Non ter rematadas as obras na data de presentación da solicitude de axudas
● As vivendas baleiras non recibirán axuda; serán destinadas a domicilio habitual e permanente para uso propio ou aluguer durante, como mínimo, 5 anos
● Os ingresos da unidade familiar da persoa solicitante non debe superar 6.5 veces o Iprem, agás que a vivenda sexa alugada ou as obras se realicen nos elementos comúns
● A antigüidade dos edificios deberá ser maior de 10 anos, agás casos recollidos artigo 8
● Redución da demanda enerxética anual global dun 25% como mínimo, só nas actuacións de mellora da eficiencia enerxética


Contía das axudas
● 40% do custo elixible con cargo ao Ministerio (75% en determinados casos), cun máximo de 12.000 €/vivenda para actuacións de mellora da eficiencia enerxética e de 8.000 €/vivenda para actuacións de mellora da accesibilidade e conservación; no caso dos locais comerciais o máximo será de 120 €/m2.
● 10% do custo elixible con cargo á Comunidade Autónoma, cun máximo de 4.000 €/vivenda

Prazo de solicitudes: Do 26 de xuño ao 26 de xullo de 2024

Prazo de execución das obras: As obras deben estar rematadas antes do 30.06.2025


Modo de presentación:

● Por medios electrónicos, usando o trámite “Se031 Solicitude Xeral” na ligazón: https://sede.concellodemarin.es/
● As persoas físicas tamén poderán presentar no rexistro municipal en papel de xeito presencial

Para máis información: Contactar coa Oficina de Rehabilitación da Vivenda do Concello de Marín (de martes a venres), sita en Méndez Núñez, 51, Entreplanta, Local 9. 36900 Marín

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *