Los concelleiros Sanmartín y Santos, durante la visita a O Sequelo.

Debido ao bo resultado que tiveron a semana pasada as carpas informativas instaladas
pola Deputación de Pontevedra sobre a compostaxe comunitaria e o Plan Revitaliza, esta
semana volveranse a colocar tanto na Cañota coma no Sequelo.

Estes postos informativos estiveron colocados este martes na Plazoleta da Cañota onde
volverá situarse este xoves mentres que nas hortas urbanas do Sequelo estiveron
colocados este luns e volverán situarse este mércores e venres a partir das 10:15.

Nestas carpas, dous técnicos do Plan Revitaliza explicarán a todos aqueles interesados en
que consiste a compostaxe comunitaria e repartirán mostras de compost animando á
veciñanza a participar no proceso de compostaxe.

É importante destacar que a función da instalación é a de compostar unicamente pequenos residuos orgánicos de orixe doméstica, animando a toda a veciñanza a colaborar no proceso de forma correcta.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí