O concelleiros Hugo González e Antonio Caíña presentaron a nova edición desta iniciativa, que se desenvolverá na carpa navideña do Parque Eguren os días 6 e 7 de decembro
Xogos de mesa, realidade virtual e videoxogos. Estes son os ingredientes principais cos que contará a nova edición do Marín Gaming, un evento pensado para a mocidade e que se desenvolverá os días 6 e 7 de decembro nas carpas do Parque Eguren.
O evento foi presentado esta tarde polos concelleiros Hugo González e Antonio Caíña e por Hugo Botana, representante de Lua Gaming, encargados da xestión e coordinación da actividade, que se estenderá ambos días de 12.00 a 21.00 horas e que incluíra:
Zona de Xogos de Mesa
Máis de 100 xogos dispoñibles grazas á colaboración de Rotting Pizza, xunto con demostracións e partidas de iniciación ao rol da man de BreoGame, que ofrecerá un OneShot (xogo de puzzles e aventuras) de “Espiñas e Púas”, o xogo do autor local Miguel Trassierra; e de Quimera, que presentará o seu xogo propio Helendra.
Ademais, haberá obradoiros de pintura de miniaturas e demostracións de wargames, como R.E.S.E.T, do escritor David Gago e Jesús Cortés, durante toda a fin de semana.
Zona Retro Arcade
Unha exposición interactiva de máquinas arcade, organizada por Vella Escola, que estará acompañada por unha zona retro da man de Counter Slime, que permitirá revivir os clásicos dos anos 90 e principios dos 2000. Un espazo ideal para nostálxicos e novas xeracións que queiran descubrir as raíces do videoxogo.
Zona Indie
Cinco colectivos e asociacións galegas do mundo do desenvolvemento independente presentarán os seus proxectos: Godoteires, Ao Norte, Hórreo Games, FemDevs e Ecliptika Collective. Un escaparate do talento e a creatividade que está a medrar en Galicia no ámbito da creación de videoxogos.
Torneos e competicións
Durante o evento celebraranse torneos de títulos como EA Sports FC 26, Brawl Stars, Mario Kart 8, Call of Duty: Black Ops 2, Pokémon Stadium, Dragon Ball Budokai Tenkaichi 3 ou Tekken 4, entre outros.
Zona de Realidade Virtual e Videoxogos
Espazos inmersivos e experiencias dixitais para descubrir novas formas de xogo e interacción, pensadas tanto para público novo como familiar.

