Será este venres a partir das 21.00h na Alameda Rosalía de Castro

Esta mañá, o Comedor Social de Marín acolleu a presentación do XXXIX Festival do Kilo, a actividade solidaria por excelencia do noso verán e que servirá para recoller alimentos para esta institución social, que é todo un exemplo na súa forma de traballar de de dar asistencia social.

A cita será o venres 8 de agosto ás 21.00 horas e participarán de forma totalmente atruístca as Pandereteiras da Veiguiña, Fentos e Froumas, un grupiño da Banda de Música de Marín, Daniel Castelli, Antonio Fernández, Antón, Jose Manuel Couñago, Somoza, Antonio Peixoto e as Cantareiras de Marín, coa dirección de Toni (o Gaiteiro Moderno).

Aínda que calquer tipo de alimento non perecedoiro é ben recibido, sobre todo precisan aceite, leite e salsa de tomate. Ademais, haberá sorteos durante o transcurso do festival.

A presidenta do Comedor explicou que neste momento estanse a despachar entre 85 e 90 servizos de comida cada día, engadindo a aquelas familias que levan os seus tuppers para alimentar na casa aos nenos da familia.

Desde o comedor destacan que hai un aumento de persoas usuarias pero manifestan que están encantadas co ambiente do comedor, onde agora mesmo hai unha colaboración total por parte dos usuarios, a traballadora social, que teñen e as do departamento municipal de Servizos Sociais e de todas as persoas voluntarias que todos os días están presentes para sacar adiante este servizo
asistencial.

Tamén destacaron que se recuperaron o servizo de almorzo e de duchas, “que se realiza cun horario específico, que están cumprindo moi ben” e que serve como aliciente para que o resto dos horarios que se impoñen á hora de comer sexan ben seguidos, para garantir un bo funcionamento para todos.

Para calquera entrevista ou información a maiores, chamar ao 696 59 92 70.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *