Foto de familia dos participantes na mesa e traballo.

Segundo se indicou na sesión deste órgano, previa ao Consello Municipal da Muller que se celebrará mañá, hai 53 casos activos na actualidade

Esta mañá, as dependencias da Finca de Briz acollero unha sesión da Mesa de Traballo Contra a Violencia de Xénero en Marín, na que participaron as concelleiras Marián Sanmartín e Mónica Viqueira, en representación do Concello; dous axentes da UFAM da Policía Nacional, a delegada da quenda de Oficio do Colexio deAvogacía de Pontevedra, a representante do Punto de Intercambio Familiar, a traballadora social do Centro de Saúde, as orientadoras dos distintos centros educativos, a traballadora social municipal, así como Marián Sánchez, directora e psicóloga do CIM e a xefa da Unidade de Violencia sobre Subdelegación do Goberno en Pontevedra, María José Rodríguez.

Unha das cuestións que tratou a Mesa, e que será levada ao Consello Municipal da Muller de mañá, é a inclusión de determinados puntos de acordo na declaración institucional que se elaborará con motivo do 25 de Novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.

Estes puntos abordarán problemáticas tan actuais como a violencia digital e o ciberacoso, cada vez máis presente nas vidas sobre todo da mocidade, un grupo de idade no que tamén resulta alarmante o aumento de casos de violencia sexual. Tamén tratarase a necesidade de dar a coñecer os servizos que existen nesta materia a toda a cidadanía, creando unha rede asistencial forte.

Porase enriba da mesa a necesidade de dotar de máis recursos asistenciais a aquelas mulleres que sufren múltiples problemáticas asociadas coa violencia de xénero, como condutas aditivas, discapacidade ou problemas de saúde mental, mellorando a abordaxe terapéutica nestes casos. Así mesmo, defenderase que é preciso dotar dun maior número de profesionais e medios aos servizos que desenvolven o seu labor no ámbito da violencia machista.

Datos actualizados a nivel local

A Mesa Local de Traballo Contra a Violencia de Xénero tamén ten por obxecto analizar os datos actuais desta lacra na vila para coñecer cal é a foto fixa. Neste momento, tal e como foi exposto na reunión, existen 53 casos activos de violencia machista, sendo a gran maioría catalogados como de “risco baixo”, aíndo que iso non supón, nin moito menos, que non sexan preocupantes ou que non se lles faga o seguemento correspondente.

Por outra banda, tamén se analizaron os casos levados polo Punto de Intercambio Familiar, un servizo municipal (que no seu día foi practicamente pioneiro) que que facilita un lugar neutral para levar a cabo a entrega e a recollida de menores nos réximes de visitas onde exista unha ruptura de parella. No 2025, o PIF traballa con 7 núcleos familiares dos que dependen 9 menores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *