Maleza en uno dos viais provinciais ao seu paso por Vilaboa.

O alcalde César Poza reclama actuacións inmediatas ante a falta de visibilidadeprovocada pola maleza en estradas estratéxicas do municipio

O Concello de Vilaboa solicitou oficialmente á Deputación de Pontevedra a limpeza urxente da maleza que invade cinco viais de titularidade provincial e que atravesan o término municipal, debido aos graves problemas de seguridade viaria que están a xerar.

A instancia, asinada polo alcalde César Poza, afecta ás estradas provinciais EP0002, EP0105, EP0103, EP0101 e EP0102, onde o crecemento descontrolado da vexetación está a provocar “falta de visibilidade” e a aumentar o risco de incidencias de tráfico.

As vías afectadas son artérias fundamentais para a conectividade do municipio, polo que o seu bo estado de conservación resulta esencial para a mobilidade tanto da veciñanza de Vilaboa como das persoas usuarias que as utilizan de paso.

Colaboración institucional

Esta solicitude evidencia o compromiso do goberno municipal coa seguridade viaria e a súa disposición a traballar de forma coordinada coas administracións competentes para garantir o bo estado das infraestruturas que afectan ao municipio.

Unha brigada municipal está a traballar diariamente para desbrozar e eliminar a maleza na extensa rede viaria municipal, unha tarefa altamente complexa debido á combinación de humidade e altas temperaturas, moi favorable ao crecemento da vexetación.

“Gustaríanos avanzar máis e ter todos os viais limpos pero é importante ter en conta que Vilaboa ten unha grande extensión e unha rede viaria complexa, que corresponde co seu carácter rural. Os operarios municipais traballan sen descanso porque sabemos da importancia que ten nesta época que os beirales estén desbrozados”, explica César Poza.

César Poza confía en que a Deputación de Pontevedra atenda con celeridade esta petición, dada a urxencia da situación e a importancia das vías afectadas para o conxunto do municipio.

O crecemento descontrolado da vexetación nas estradas EP0002, EP0105, EP0103, EP0101 e EP0102 está a crear graves problemas de visibilidade que comprometen a circulación de vehículos e a seguridade de peóns.

“A situación require unha intervención inmediata”, destaca o rexidor na documentación enviada ao departamento de Infraestruturas e Vías Provinciais. Estas arterias principais conectan zonas estratéxicas do municipio, polo que calquera incidencia afecta directamente á mobilidade dos veciños.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *