César Poza na visita a Bértola en xullo de 2021.

O goberno local presentará alegacións en caso non acadar un acordo ao considerar que o proxecto é lesivo para os intereses da veciñanza

O Concello de Vilaboa estuda presentar alegacións ao proxecto de abastecemento auxiliar da subestación eléctrica de Bértola elaborado pola empresa Red Eléctrica de España e que neste momento se encontra en fase de exposición pública. O Concello de Vilaboa considera que o actual trazado marcado pola eléctrica pode no futuro resultar perxudicial para os intereses dos veciños ao condicionar a expansión da rede de municipal de saneamento.

Por elo, dende hai varias semanas o alcalde de Vilaboa, César Poza, iniciou unha serie de conversas cos responsables de Red Eléctrica co obxetivo de buscar alternativas que non resulten lesivas para a parroquia de Bértola. Poza aposta por unha solución de consenso e un acordo rendable para as dúas partes. En caso de non producirse o goberno local de Vilaboa defenderá os intereses da veciñanza e presentará as alegacións que considere oportunas na busca dun trazado alternativo. César Poza trasladou aos voceiros dos grupos municipais da oposición o contido das reunións e a postura do goberno local para manter unha postura unánime.

As obras da subestación eléctrica de Bértola están xa na súa recta final e o Concello de Vilaboa mantén coa empresa unha actitude conciliadora que confía en que teña o seu reflexo na empresa que aínda ten pendente de solventar os danos derivados da execución dos traballos.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí