Una senda peonil e o pavimentado da praza de Fontaíña completan unha actuación urxente e necesaria e San Adrián de Cobres
O Concello de Vilaboa saca a licitación unha importante obra en materia de seguridade vial cun investimento de 255.450 euros para mellorar as condicións do firme da pista de Pazos, en San Adrián de Cobres. Este investimento forma parte dun lote de obras que a administración local executará ao longo do presente exercicio e que teñen como obxectivo común reforzar os servizos esenciais no termo municipal.
Para César Poza, alcalde de Vilaboa, ese é un dos retos para este ano: xestionar a financiación que o municipio necesita para dar un salto cualitativo no que a servizos básicos se refire, á vez que o Concello avanza na consecución das infraestruturas que completen os seus equipamentos. César Poza convocará aos veciños da contorna a unha xuntaza este domingo, na casa da Comunidade de Montes, para explicar o proxecto polo miudo.
O avanzado estado de deterioro do firme favorece a acumulación de depósitos de auga en fochancas de considerables dimensións que poñen en risco a seguridade na conducción polo que a obra, ademáis de ser urxente, require dunha actuación global.
A obra inclúe a mellora das redes de pluviais para o correcto drenaxe das augas, a segregación do tránsito peonil nunha senda á mesma cota que o firme nos treitos nos que sexa posible, a mellora da súa pavimentación así como a reorganización do tráfico na praza da Fontaíña.
As obras a executar consisten na limpeza mecánica do vial e manual de
cunetas con retirada de terras e materiais depositados nas cunetas; a
pavimentación de mistura bituminosa en quente sobre regos de imprimación e
adherencia, previo fresado dos entronques cos viais existentes e cos accesos
ás fincas, así como o recalce con formigón de tapas, arquetas, reixas, etc, ata
nova cota do pavimento.