Dende o Grupo Municipal do Partido Popular de Moaña denuncian «as falsas promesas, falta de información e as incongruencias do goberno municipal» sobre a intención do BNG de instalar un ascensor na Martinga. Explican que o executivo local asegurou no seu momento que a instalación non iría adiante coa veciñanza en contra, sin embargo dende o Concello ignoran as queixas e minten cando din que todos estan de acordo co proxecto.
Para coñecer a realidade, membros do grupo municipal do PP de Moaña reunironse o pasado xoves día 13 con parte dos veciños e veciñas máis directamente afectados, quenes trasladaron que están totalmente en contra da instalación deste ascensor co que o
goberno está empeñado en seguir adiante e do que non explica cómo afectará as súas propiedades.
«É inviable facer o que se pretende porque ademáis de afectar a propiedades privadas, afecta directamente o lavadoiro e a fonte da Martinga, neste caso estamos a falar de bens catalogados e dudamos que Patrimonio acepte semellante aberración no seu entorno, e non digamos xa a súa posible afectación directa. Ainda que xa sabemos que a este goberno non lle importa demasiado o que diga Patrimonio», manifestan os populares.
Os concelleiros e concelleiras do PP moañes están convencidos de que «as propiedades colindantes quedarán afectadas para toda a vida, perderán valor de xeito notable e serán perxudicadas a hora de facer as reformas ou reparacións que necesiten, entradas afectadas, perda de intimidade e non sabemos moi ben si se incrementará o trapicheo e demáis prácticas incívicas que se están a producir nos últimos anos nesa zona, prácticas das que se ven queixando reiteradamente a veciñanza da zona».
«Parece que a única obsesión do Goberno do BNG é gastar decenas de miles de euros da subvención do proxecto. Curiosamente sí se desistiu da instalación do outro ascensor nas cercanías porque non se conseguían as cesións necesarias e había veciños en contra, sin embargo quérese seguir adiante nun punto máis difícilmente accesible e con máis veciños en desacordo», engaden.
Ante esta situación, o PP avanza que solicitará que «se debata está cuestión de forma pública e aberta na instancia que consideremos máis oportuna, onde o Goberno do BNG explique claramente á veciñanza como correxirán as incongruencias do anteproxecto que ensinaron no seu momento, como afectarán ás propiedades privadas, e como conseguirían todas as cesións necesarias e si aínda así siguen empeñados en instalalo en contra do criterio xeral».