Isla de contenedores de basura en Vilaboa.

O goberno local lamenta a manipulación do portavoz do PP ao que acusa de obstruir o avance de Vilaboa cunha estratexia sibilina de mentiras e confusión intencionada de cifras buscando réditos políticos mezquinos

A sesión plenaria do pasado luns deu luz verde á adxudicación do novo contrato de recollida de residuos sólidos urbanos a Urbaser por un importe total de 2.468.950 euros para un período de cinco anos, o que supón unha importante baixa con respecto á cantidade de licitación inicial que foi de 2.733.410 euros coa posibilidade dun incremento do 20% no caso de necesitarse melloras no servizo.

O novo contrato conleva unha actualización do prezo con respecto ao anterior, asinado hai 18 anos e a ampliación dos servizos que prestará a empresa o que suporá un paso adiante na aposta pola reciclaxe e a compostaxe no municipio e unha mellora importante na calidade da recollida xa que implica o incremento da frecuencia da retirada dos residuos, a renovación dos contenedores e o compromiso de limpeza periódica dos mesmos. Cabe puntualizar que esta mellora no servizo de recollida non terá repercusión algunha nas taxas que abona a veciñanza.

Entre as moitas novidades e vantaxes que este novo contrato suporá para a veciñanza cabe destacar a total renovación dos contedores verdes xa que a meirande parte deles están nun estado de avanzado deterioro. En total Urbaser asume a sustitución de 330 novos colectores que serán distribuídos por todo o termo municipal. Renovarase tamén toda a contenerización de reciclaxe, incrementando o número actual xa que a intención do goberno local é desenvolver novas liñas de incentivo á separación de residuos entre a poboación.

A nova contratación saiu adiante cos votos favorables do goberno local e a abstención do BNG mentras o portavoz do PP insistiu na súa escandalosa e irresponsable campaña de desinformación, nunha demostración de miseria política sen precedentes, que o levou a recorrer á mentira e ao engano para enlodar a xestión municipal.

As declaracións vertidas polo voceiro popular sobre unha suposta subida da taxa do lixo constitúen un exercicio de manipulación esperpéntica que só pode entenderse dende a desesperación ao carecer de proxecto para Vilaboa. O uso torticeiro e sibilino dos datos, inflándoos artificialmente mediante a aplicación dun incremento do 20% previsto unicamente para situacións excepcionais, evidencia a súa absoluta deslealdade institucional e o nulo compromiso co benestar da veciñanza. “O portavoz do PP demostrou que non entende nin de letras nin de números. Colleu a cifra de licitación, aumentoulle un 20% para elevala e reforzar o seu argumento e empezou a sementar medo e a crear alarma social”, apunta César Poza

O goberno municipal lamenta profundamente que o Partido Popular opte por esta estratexia na que prevalece o “canto peor, mellor”, saboteando calquera iniciativa de mellora dos servizos municipais co único obxectivo de obter un rédito político tan mezquiño como estéril.

MELLORAS NO SERVIZO

A recollida dos residuos sólidos urbanos farase a partir de agora de xeito semanal e ata dúas veces á semana nas zonas de máis densidade de poboación, tanto no orgánico como no resto dos residuos. E realizarase unha limpeza periódica dos contenedores.

O Punto Verde Municipal do Cabalo é outro servizo que asume a partir de agora Urbaser, así como o coste laboral de dúas persoas que se encarguen da xestión dos restos de poda que alí se acumulan.

A sesión plenaria aprobou tamén a adxudicación a Arroupa Santiago do contrato de recollida de téxtis, empresa especializada que ademáis utiliza esta actividade para a inserción laboral de persoas vulnerables, e que procederá á colocación de contedores específicos en diferentes puntos do municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *