Contenedores con máis capacidade.

Redactará un proxecto para a modernización do Punto Verde no Monte do Cabalo

Técnicos de Urbaser presentaron no Concello o novo modelo de contedores que de xeito progresivo irán instalando no municipio, sustituindo os actuais xa que a meirande parte deles están nun estado de avanzado deterioro. En total Urbaser asume 330 illas de reciclaxe que serán distribuídas por todo o termo municipal. Renovarase tamén toda a contenerización de reciclaxe xa que cambia o sistema de recollida de traseira a lateral, e incrementando o número actual xa que a intención do goberno local é desenvolver novas liñas de incentivo á separación de residuos entre a poboación.

A adxudicación do novo contrato de xestión de residuos sólidos a Urbaser suporá un paso adiante na aposta pola reciclaxe e a compostaxe no municipio e unha mellora importante na calidade da recollida xa que implica o incremento da frecuencia da retirada dos residuos, a renovación dos contenedores e o compromiso de limpeza periódica dos mesmos, sin que esto teña repercusión algunha nas taxas que abona a veciñanza

A recollida dos residuos sólidos urbanos farase a partir de agora de xeito semanal e ata dúas veces á semana nas zonas de máis densidade de poboación, tanto no orgánico como no resto dos residuos. E realizarase unha limpeza periódica dos contenedores. A empresa utilizará para elo camións de carga lateral.

O Punto Verde Municipal do Cabalo é outro servizo que asume a partir de agora Urbaser, así como o coste laboral de dúas persoas que se encarguen da xestión dos restos de poda que alí se acumulan. A empresa comezará pola redacción dun proxecto que facilite a optimización deste espazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *