Os nenos e nenas nas escalinatas do Concello de Moaña acompañados por membros do goberno local.

Nove nenos e nenas saharauís chegan ao Morrazo para pasar o verán con oito familias de acollida a través do programa “Vacacións en Paz” que desde hai anos organiza a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e que a causa do Covid tiveron que frear durante dous anos. Serán unhas vacacións especiais que lles permitirán esquecerse polo menos durante un tempo das duras condicións nas que viven no deserto.

A alcaldesa, Victoria Portas, e o edil de Facenda, Mariano Abalo, realizaron estes días unha recepción aos pequenos e ás familias de acollida nas instalacións do Concello. Como recordo práctico, fixéronlles entrega dunha mochila con material escolar.

Tamén foron recibidos polo goberno local de Moaña, onde a súa alcaldesa, Leticia Santos, e outros edís saudáronlles e agasallaron cunha bolsa con material escolar.

A recepción dos nenos e nenas saharaguis no Concello de Cangas.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí