Impresiona e moito. Aínda que só producíronse danos materiais, afortunadamente, os danos son moitos e moi importantes.
O tellado e a porta dun garaxe no barrio da Moureira, na parroquia moañesa de Meira, voou polo aire arrincados de raíz polo vento, os canlóns aparecen por sorpresa nos xardíns das vivendas sen saber a súa orixe e as paredes ameazan con derrubarse. Son as consecuencias dun pequeno tornado que azotou a zona fai unha hora. A rúa permanece cortada por seguridade e ata retirar todos os materiais.