O coche a piques de caer ao mar en Moaña.

Pequeno susto esta mañá no centro de Moaña cando un taxi que se atopaba aparcado na parte traseira da Praza de Abastos, no entorno do palco da música, precipitouse ata o bordo do paseo e estivo a moi pouco de caer ao mar. Afortunadamente non o fixo e o condutor, que foi quen alertou á Policía Local do que ocorría, conseguiu recuperar o coche sen ningún dano gracias a unha grúa.

Todo parece indicar que o vehículo, que non estaba de servizo e que é de fora de Moaña, tivo un fallo no freo de man e a pequena inclinación provocou a súa marcha.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí