Rematan o mural «FUTURO», unha intervención dirixida pola artista plástica moañesa Sheela Tato da man dunha muller que navega entre a ilustración e a arte contemporánea. Estudou en Belas Artes en Pontevedra e Irlanda completando a súa formación cun márter en Animación 3D en Madrid. Unha artista premiada en diferentes ocasións pola UVIGO en diferentes certámenes de pintura, asi como xa ten participado en diferentes mostras «Viola la Femme» ou PeluqArte coas súas ilustracións.
Con este FUTURO a artista quere reflexionar sobre as diferentes potencialidades da Mocidade, e rescatar a importancia do papel feminino na construcción do universo, pretendeu atopar no imaxinario plástico as diferentes posibilidades, e converteu o gris en cores diferentes que transitan na imaxinación e na forza das nosas crianzas. Unha nube cósmica que pretende encher de folgos as esperanzas das novas xeracións de creadoras e creadores. Un mural para disfrutar do ceo infinito.
Este Mural foi realizado pola rapazada do campamento artístico que desenvolveu a Creadora Sheela Tato durante a última quincena do mes de xullo no colexio de Reibón. Está situado no edificio anexo do pavillón de Reibón. Esta actividade foi realizada en colaboración coa área de Igualdade do COncello de Moaña, a través do programa «encher de cor en igualdade».