O fume que saía do colexio de Seara, en Moaña, esta mañá fixo saltar as alarmas a iso das 7:30 horas. Ata o lugar trasladáronse os bombeiros do Morrazo, que comprobaron que proviña dun fallo na caldeira, posiblemente por unha mala combustión dada a súa antigüidade, e procederon a ventilar as aulas ao comprobar que había unha pequena cantidade de monóxido.
Todo ocorreu antes de que chegasen os alumnos, polo que as clases comezaron sen total normalidade.