Espectáculo de presentación vivido esta mañá na Alameda.

Os nenos e nenas dos campamentos de conciliación acompañaron ás autoridades e representantes de asociacións vinculadas á festa na súa presentación ofi cial

Un espectáculo corsario desembarcou hoxe na Alameda Rosalía de Castro onde os espectáculos aéreos e o lume foron os protagonistas para promocionar unha nova edición da Festa Corsaria, que encherá as rúas e prazas de Marín durante o venres e o sábado.

A presentación tivo lugar ás 12.00 horas e nela participaron os nenos e nenas dos campamentos de conciliación, as asociacións vinculadas coa festa e as autoridades, entre as que estaban a alcaldesa, María Ramallo; os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, e o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, xa que se trata dun evento fi nanciado a través dunha das liñas do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra.

Alcaldesa, diputado e concelleiros na presentación.

Esta será “unha das edicións máis ambiciosas de todas”, declarou a alcaldesa, “xa que contamos cunha programación completísima, de todo o día, e que permitirá desfrutar desta festa a todas as persoas, de distintas idades”. Ademais, en canto á autorización de mesas para comidas e ceas, tamén será unha edición récord, con 60 peticións autorizadas.

A alcaldesa tamén quixo poñer de relevo e agradecer a implicación das asociacións que forman parte da programación “así como a aportación económica da Deputación, que nos permite facer cada vez a festa máis grande”.

Mobilidade: aparcadoiro para os garaxes con limitacións de acceso

Por outro lado, a Policía Local informa de que será habilitado nunha zona do interior do Porto un aparcadoiro exclusivo para as persoas que teñen garaxes que se ven afectados pola limitación da festa. O parking terá o seguinte horario: venres, de 15.00 a 23.00 horas; sábado, de 10.00 a 01.00 horas e domingo de 10.00 a 15.00 horas.

Para poder ter a acreditación de acceso, será preciso pasar pola Policía Local a recollela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *