Así valoran os bodegueiros e o Concello a I Feira dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo
A I Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo cumpriu con todas as expectativas tanto das propias bodegas participantes coma do Concello. Así se expresou nunha reunión para facer balance do evento que mantiveron o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, e os representantes das adegas.
Entre a Adega de Ardán, Os Areeiros, Viñas del Monasterio e Reboraina despacharon nos tres días que durou a feira en torno ás 600 botellas vendidas. Así a todo, coinciden en que máis alá da venta directa, o máis importante da feira foi a enorme visibilidade que esta lle deu á IXP e ás bodegas entre a veciñanza da zona do Morrazo.
“Quedoulles moi bo sabor de boca de cara á realización de novas edicións”, explicou o concelleiro, que indicou que desde o Concello, que aportou as casetas, a organización, a cartelaría e promoción e a animación musical, “o balance tamén é moi positivo”.
“Este é un sector importante que se debe potenciar, xa que hai unha tradición vitivinícola moi arraigada no Morrazo, que se foi perdendo co paso do tempo por non ter esa IXP e con este impulso, grazas aos adegueiros e viticultores, ponse esta semilla para seguir potenciando e axudando no futuro”, explica Novas, que cre que pode ser tamén unha oportunidade de fomento económico para o rural marinense.