Hoxe será o último día para gozar dos nosos furanchos. A tempada na que estes establecementos poden estar abertos remata a finais do mes, despois de ser prorrogada de xeito extraordinario por mor da crise sanitaria, para poder suplir o tempo que tiveron que estar pechados polas restricións.
O Concello adianta que a Policía Local realizará un control do peche dos que aínda estaban abertos para asegurarse de que os establecementos cumpren coa ordenanza e xa non manteñen a súa actividade a partir do día 1.
Durante todo o tempo que estiveron abertos, estes establecementosseguiron as medidas de prevención de contaxios que se adaptaron tamén á hostalaría.