A S.D. Tirán, o estar conveniada ca secretaria Xeral do deporte da Xunta de Galicia na Campaña de promoción e sensibilización do deporte feminino galego 2025, enmarca aquí a sua regata V BANDEIRA FEMENINA CONCELLO DE MOAÑA, co que se busca visibilizar dita campaña e , básicamente, axudar a promover a nivel Xeral do deporte, reducir as desigualdades de xénero no ámbito deportivo, empoderar ás mulleres a través do deporte e fomentar unha cultura inclusiva que valore e apoie a súa participación en todas as disciplinas
Durante o día de hoxe, celebrouse no salón do actos do club , xunto o equipo femenino e coa asistencia de Daniel Benavides, do servicio provincial de deportes da Xunta e os concelleiros María Ortega de Igualdade e Rubén Viéitez, responsable de Deportes.