A embarcación de recreo sobre a batea no operativo de rescate dos tripulantes.

Un barco de recreo que durante toda a tarde estivo ancorado fronte á praia de Chapela, á altura do cemiterio de Domaio, en Moaña, e no que, segundo os veciños, se celebrou unha festa privada, e acabou chocando contra unha batea á noitiña, en torno ás 00.47 horas.

Segundo información oficial da Garda Civil, o protocolo activouse cando se tivo coñecemento, a través dun forte ruído, provocado polo choque do barco coa estrutura marítima. Por mor do impacto o barco quedou encima da batea e os seis tripulantes foron rescatados ilesos.

Hoxe está previsto retirar o barco e procederase a buscar ao dono para comunicarlle os feitos.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí