O Concello de Marín emitiu un bando chamando á «responsabilidade» no que tamén informa de que non fará baldeos nas rúas

A seca está a levar aos concellos a tomar medidas para baixar o consumo de auga ao máximo. O de Marín publicou un bando chamando á «responsabilidade» e o «civismo» aos veciños para «preservar un ben tan esencial como a auga».

Entre as medidas que tomou o propio consistorio está a suspensión dos baldeos dos espazos públicos e das duchas, lavapiés e lavamanos nas praias. Como petición aos cidadáns está realizar un «uso razoable e preferente da ducha en lugar do baño, pechar a billa cando non se estea utilizando, reparar calquera goteo ou fuga e restrinxir ao máximo a rega, lavado de coches, baldeos de espazos e o cheo de piscinas».

Desde o Concello piden «implicación» para «non ter que adoptar medidas máis restritivas que as actuais».

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí