Sinaí Giménez queda en liberdade con cargos tras ser detido o sábado pola mañá nas proximidades do mercadillo de Moaña. Segundo informa a Garda Civil, que foi quen se decatou da súa presenza e procedeu á súa detención, Giménez ten unha orde de afastamento que a impide achegarse a menos dun quilómetro á feira.
Con todo, explican, os axentes vírono no interior do seu coche a poucos metros dos postos. Ante esta incumprimento quedou detido e foi trasladado e o seu vehículo ata o cuartel da Garda Civil. Pola tarde pasou a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 3 de Cangas e posteriormente posto en liberdade con cargos investigado por un presunto delito de quebrantamento.